1/14/2011

27 de Janeiro, greve geral nacional

Comunicados das centrais sindicais nacionais:






A CIG convoca folga xeral o 27 de xaneiro contra “as políticas que imporán un retroceso social e laboral de 60 anos”


A central anima a CCOO e UGT a sumarse á convocatoria contra unha reforma das pensións que só beneficiará ao capital financeiro
A Confederación Intersindical Galega ten convocada unha nova folga xeral para o vindeiro 27 de xaneiro en contra das políticas “anticrise” adoptadas polos gobernos, nomeadamente a pretensión de reformar o sistema público de pensións, que o Secretario Xeral cualificou como “o maior ataque aos dereitos da clase traballadora dende o franquismo”. A central anima a CCOO e a UGT a sumarse á convocatoria, que coincide no tempo co paro xeral anunciado polos sindicatos vascos, e adiantou que está disposta a flexibilizar a data de cara a consensuar un día común, co obxecto de fortalecer a resposta social. En todo caso, a convocatoria de folga xeral realizarase antes do 28 de xaneiro, xornada marcada polo goberno español para sacar adiante a súa proposta de reforma das pensións.
Ao mesmo tempo que a Comisión do Pacto de Toledo ultimaba o seu informe, o Secretario Xeral da CIG, Xesús Seixo, acompañado do Secretario de Comunicación e Propaganda, Francisco Miranda Vigo, comparecían en rolda de prensa para anunciar a decisión do Secretariado Confederal da CIG de promover a convocatoria dunha nova folga xeral o vindeiro 27 de xaneiro, na véspera da data límite marcada polo goberno español para sacar adiante a súa proposta de reforma do sistema de pensións.
Seixo advertiu da necesidade de dar unha resposta contundente ás políticas económicas e laborais que os gobernos viñeron adoptando até o momento, porque “todos os avances que se tiñan conseguido cara un sistema de protección social estábel e seguro estanse destruíndo. Tanto as reformas xa efectuadas, como agora a das pensión ou a que se nos anuncia da negociación colectiva déixanos nunha situación social e laboral de hai 60 anos”, advertiu. “Estamos ante un cúmulo de despropósitos que require dunha contestación inmediata”.

http://www.galizacig.com/avantar/novas/29-12-2010/a-cig-convoca-folga-xeral-o-27-de-xaneiro-contra-as-politicas-que-imporan-un-retroc

A CUT COA FOLGA XERAL, SEN DÚBIDAS


O sindicato nacionalista maioritario, a CIG, ven de facer pública a convocatoria de FOLGA XERAL para o día 27 de xaneiro. A CUT secundará esta folga e porá ao seu servizo todos os seus recursos. A nosa central sindical leva dende finais do ano 2007 denunciando que o capitalismo pretende solucionar a súa crise sistémica volvendo a situarnos no século XIX. Dixemos nas rúas que ESTE SISTEMA NON SERVE e hoxe a historia demostra que entramos nunha nova etapa na que debemos tomar a iniciativa ou imos cara ao escravismo e a explotación sen límites.

http://www.cutgalicia.org/index.php?option=com_content&view=article&id=193:a-cut-coa-folga-xeral-sen-dubidas